No Salón de Plenos, presentouse a sede electrónica e nova web.
Neste acto contouse coa presenza do Deputado Provincial Albino Vázquez.
A Sede Electrónica, creada pola Deputación Provincial, permitirá aos cidadáns realizar os seus trámites por internet. O concello dá o salto cara a unha administración sen papel.
Mediante a súa identificación con DNI ou certificado electrónico, o usuario poderá dispor dunha serie de servizos personalizados: consultar o estado dun trámite, obter o seu volante de empadroamento, consultar os seus expedientes, representar a outra persoa na presentación de instancias, realizar unha serie de trámites telemáticos regulados e presentar calquera outra instancia ou solicitude a través do rexistro electrónico.
O concello cumpre así plenamente a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos, que establece o “dereito dos cidadáns a relacionarse coas Administracións públicas por medios electrónicos” e “a obrigación das Administracións Públicas de redeseñar os seus procedementos e dotarse dos medios técnicos necesarios para que o exercicio do novo dereito sexa plenamente efectivo”.
A nova web adaptase aos novos tempos e será unha ferramenta útil para os veciños de Boqueixón, donde poidan consultar toda a información sobre as actividades do concello, así como, a través do enlace coa sede electrónica se poidan tramitar on line distintos tramites e procedementos.