A Secretaría Xeral de Política Lingüística, anuncia, con carácter
voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios
para as probas dos niveis Celga 1-2-3-4
Os particulares que desexen participar nalgún dos cursos que figuran no anexo III da Resolución da publicación deberán presentar:
Cuberto o anexo I (solicitudes individuais) por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1994, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou por correo co selo na primeira folla do formulario.
Tamén poderán facelo por vía telemática no enderezo http://sede.xunta.es.
Prazo: 25 de xaneiro de 2013
Para maior información consultar este enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130107/AnuncioG0164-020113-0001_gl.html
Poden chamar ó 981513061 do Departamento de Formación e Emprego do Concello de Boqueixón (Mavi ou Cruz) para obter información ou facer algún trámite.