Co obxectivo de axudar a novos emprendedores a acadar habilidades
para xestionar pemes, a Unión Europea vén de lanzar o cuarto ciclo do
programa europeo de intercambio de emprendedores e empresas –Erasmus
for Young Entrepreneurs– que se desenvolve en Galicia coordinado por
Uninova (USC) e que estará en vigor ata fin de 2013.
Ao amparo deste programa, os emprendedores galegos que teñan un plan de empresa, ou coa súa empresa xa constituida e cun máximo de tres anos funcionando,
terán a oportunidade de compartir unha estadía de entre un e seis meses cun empresario experimentado doutro país da UE. Por outro lado, tamén se poden acoller ao
programa empresas galegas con máis de tres anos de experiencia interesadas en acoller a un emprendedor doutro país.
Este programa constitúe unha oportunidade para os emprendedores de aprender de empresarios con máis experiencia que dirixan unha pyme noutro país da UE,
facilitándolle o acceso e novos socios, aliados e mercados. Do mesmo xeito, tamén os empresarios participantes poderán abrir o seu mercado a outros países
comunitarios.
Máis información e inscricións: