A Universidade da Coruña en colaboración co Organismo Autónomo de
Programas Educativos Europeos e o Programa de Aprendizaxe
Permanente “Leonardo da Vinci”.
Convócanse 50 estadías para prácticas en empresas para titulados recentes da Universidade de Coruña.
CONTEXTO: prácticas profesionais en empresas de Italia, Irlanda, Alemania, Polonia e República Checa, dunha duración de 13 semanas cada unha.
REQUISITOS:
– Ser titulado/a da UDC.
– Ter como máximo 30 anos no momento do aproveitamento da bolsa.
– Ter coñecementos intermedios do idioma inglés e/ou do idioma do país seleccionado.
– Non ser beneficiario anteriormente dunha bolsa Leonardo da Vinci.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: finaliza o 08/11/2012.
OBXECTIVOS:
– Fomentar unha aprendizaxe de calidade e adquisición por parte dos participantes das competencias prácticas e teóricas nos sectores máis axustados aos seus perfís.
– Mellorar os sistemas de acceso ás oportunidades de prácticas en Europa.
– Dar a oportunidade de gozar das vantaxes do intercambio cultural e social e da mobilidade no mercado do traballo europeo.
– etc
CONTIDO DA BOLSA:
– O participante terá cuberto o seu aloxamento durante a estadía.
– Obterá unha axuda económica para contribuir ós gastos de viaxe e manutención.
– Unha axuda económica de 300€ para cubrir os gastos do curso de preparación cultural/lingüística en destino.
Para máis información: