O MURMURIO DA RAÍÑA LUPA
O próximo sábado 16 de xuño subiremos o mítico monte, será un exercicio
físico na procura dos encantos e misterios que coroan este espazo senlleiro
coma o auténtico símbolo das tradicións e historia de Galicia.
A saída será dende o pavillón de Lestedo en Cachosenande ás 16,30 e a chegada ás 20 horas o Centro de interpretación do Pico Sacro, no mesmo lugar de Cachosenande, antiga casa reitoral.
No percorrido imos atopar con varios puntos de interese, entre outros podemos destacar:
· Restos da igrexa e cemiterio de Rubial
· Aldea e cruceiro de Rubial
· Camiño dos santos
· Capela do Pico
· Rúa da raíña Lupa
· Castelo do Pico
· Cova dos mouros
· As sobreiras centenarias
· Fonte milagreira do Pico
· Centro de interpretación do Pico Sacro
E, fundamentalmente unha solaina encantada, que sempre nos vai amosando diferentes perspectivas sobre unha ollada mergullada nos efluvios do noso espírito moura, sentimento que aínda se percibe no embruxo do lugar.
Ánimo, o día e o enclave son o dúo ideal para camiñar na túa compaña, non defraudes a parella tan especial e confirmade a vosa presenza no correo acmestremanuelgacio@gmail.com ou nos teléfonos 649993699, 664444528 ou 626215479.
Organiza: ASOCIACIÓN CULTURAL MESTRE MANUEL GACIO.
Colaboran:
Concello de Boqueixón.
Comisión de festas de Lestedo.
Escola deportiva Santiago.