Sage pon en marcha a Beca Emprende Xa!
para estimular a creación de empresas e a
xeración de emprego
Ata o 30 de Xuño de 2012, os emprendedores que teñan e queiran desenvolver a súa idea ou proxecto poderán optar á beca, valorada en máis de 250.000 €.
A posta en marcha e o desenvolvemento dos proxectos deberán ubicarse en localidades do territorio nacional, ben de forma individual ou colectiva, en grupos de máximo 3 persoas.
As ideas serán valoradas en base a catro categorías: Mellor Idea Empresa Sostible, Mellor Idea en Tempos de Crise, Mellor Idea Empresa de Base Tecnolóxica e Mellor Idea Exportadora/Internacionalización.
Unha vez elexidos os proxectos ganadores, os emprendedores disporán durante 6 meses dun ámbito de traballo ubicado nas instalacións de Sage en Madrid.
A tramitación da empresa a partir do punto PAIT de Sage, un espacio de traballo que favorecerá o coworking, as últimas ferramentas tecnolóxicas, un programa de asesoramento directivo, e formación en xestión empresarial, son algúns dos beneficios deste programa, valorado todo en máis de 250.000 €.
Máis información no enlace: