Axudas as mulleres emprendedoras de Galicia para
a posta en marcha, mellora ou reactivación
de iniciativas empresariais.
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publicou no DOGA nº 96 do 22 de maio a Resolución do 14 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se convocan as axudas do Programa Emega para o fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo FSE.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de xuño do 2012.
Para máis información consultar DOGA:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120522/AnuncioC3C1-140512-0004_gl.pdf
Convócanse en réxime de concorrencia competitiva, as axudas do programa Emega que teñen por obxecto incentivar as mulleres emprendedoras de Galicia para a posta en marcha, mellora ou reactivación de iniciativas empresariais como medio adecuado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das seguintes liñas de actuación: Liña Emprende, Liña Innova, Liña Activa e Liña Concilia.
Beneficiarias:
– as empresas formadas por mulleres emprendedoras
– con domicilio social e establecemento de produción en Galicia
– válidamente constituídas na data de finalización do plazo de solicitudes
– que cumpran os requisitos e as obrigas establecidas na citada resolución para cada liña específica de axuda
– a actividade mercantil será realizada por empresarias autónomas ou sociedades, incluídas as sociedades civís e comunidades de bens, con categoría de microempresas ou pequeñas empresas.
Con carácter específico quedan excluídas do ámbito desta resolución as empresas públicas ou participadas e , en xeral, as entidades sen ánimo de lucro.
Os interesados poderán informarse na Resolución publicada e no TELÉFONO do Concello 981513061 (Formación e Emprego).