Bolsas de formación en materia de patrimonio
en museos propios e xestionados pola Consellería
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 9 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan, para período 2012-2013, bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego (DOG. núm. 95 do 21 de maio de 2012)
OBXECTO E FINALIDADE:
→ Convócase bolsas de formación en materia de patrimonio en museos propios e xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os bolseiros realizarán as actividades en diversos museos e serán tutelados, dirixidos e coordinados polos servizos técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
→ A formación comprende unha parte teórica e outra práctica.
BENEFICIARIOS:
● Solicitantes de bolsas de documentación de fondos de patrimonio moble: Licenciatura universitaria en historia, historia da arte, arqueoloxía.
● Solicitantes de bolsas de restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia: diplomatura universitaria en conservación e restauración de bens culturais ou equivalente, nas especialidades de: arqueoloxía, pintura ou escultura.
● Dominio de lingua galega.
● Non ter emprego remunierado nin gozar doutra online casino bolsa.
● Soamente se podería presentar unha solicitude para unha bolsa como máximo.
NÚMERO, DURACIÓN E IMPORTE DAS BOLSAS:
1. O número de prazas convocadas será de seis.
2. As bolsas terán unha duración de doce (12) meses.
3. O importe de cada bolsa non excederá da cantidade de doce mil euros.
5. Os bolseiros seleccionados quedarán asimilados como traballadores por conta allea, para os efectos da súa inclusión no réxime xeral da Seguridade Social.
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
DOCUMENTACIÓN REQUERIDA:
a) Solicitude segundo o modelo que figure como anexo na convocatoria.
b) Expediente académico coas cualificacións obtidas nas diferentes materias.
c) Acreditación do curso de iniciación ou equivalente de lingua galega.
d) Fotocopia dos méritos alegados.
e) Declaración responsable de non atoparse incurso en ningún dos supostos de prohibición para obter subvencións.
Para máis información podes consultar o seguinte enlace:
www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120521/AnuncioG0164-110512-0001_gl.pdf ou podes chamar ó teléfono de Formación e Emprego 981513061 (Mavi ou Cruz)