Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios,
no ano académico 2011-2012, que por causa sobrevida ou imprevista
teña dificultades económicas para continuar estudos.
ORDE do 2 de maio de 2012 pola que se establece o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no ano académico 2011-2012, nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos.
OBXECTO E BENEFICIARIOS:
O obxecto desta orde é regular o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, no curso académico 2011-2012, nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.
REQUISITOS DOS SOLICITANTES:
Poderán solicitar estas axudas os/as estudantes universitarios/as, agás os recollidos na disposición adicional segunda desta orde, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal, desemprego sustentador principal, enfermidade grave, violencia de xénero cara el/ela ou o seu proxenitor/a, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non recollidas que sendo xustificadas repercutan na situación socioeconómica familiar). Que a situación sobrevida ou imprevista acontecese durante o actual ano académico 2011-2012. Non ter percibido esta axuda con anterioridade.
b) Estar matriculado, no curso académico 2011-2012, como mínimo en 50 créditos.
c) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2012, é dicir 5.007,80 euros (417,31 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
PRAZO DE SOLICITUDES:
→ A presentación de solicitudes poderá realizarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 1 de setembro de 2012.
→ Nos supostos recollidos na disposición adicional segunda da citada orde dispoñen do prazo dun mes contado desde a publicación desta orde no DOG.
→ Se a causa sobrevida ou imprevista ten acontecido con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación será de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta no Diario Oficial de Galicia.
CONTÍA: A axuda económica oscila entre 1.250 € e 2.500 € en función do limiares de renda per cápita.
DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE PRESENTAR:
→ Solicitude (Anexo I)
→ Xustificación de causa sobrevenida
→ Informe do traballador/a social do concello
→ Que recolla a causa sobrevenida ou imprevista.
→ Declaración responsable dos ingresos ou rendas anuais precibidos pola unidades familiar.
→ Certificación académica oficial do curso 2011-2012.
Para máis información podes preguntar no departamento de Formación e Emprego do Concello de Boqueixón, no teléfono 981513061 ( Mavi e Cruz poderán axudarte a preparar a documentación).
Tamén podes consultar o DOG, no seguinte enlace:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120516/AnuncioG0164-080512-0006_gl.html