A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca
axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro
da Unión Europea, durante o verán de 2012, co obxecto de coñecer a lingua
dese país.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de xuño.
Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, 113 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2012, entre o 1 de xuño e o 30 de setembro , co obxecto de coñecer a lingua dese país, dirixidas ao alumnado universitario matriculado nalgunha das tres universidades do sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia, para o curso 2011/2012.
A dotación económica asignada a cada beneficiario será de 1.100 euros.
Requisitos:
a) Estar matriculado/a no curso 2011/2012, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.
b) Ter superado no momento de presentación da solicitude 60 créditos en titulacións de 1.º ciclo ou 120 créditos en titulacións de grao e de 1.º e 2.º ciclo.
c) Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 7,00 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Nota media calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre esta consellería e as universidades galegas.
d) O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
Os interesados poderán informarse na Orde de publicación e no TELÉFONO do Concello 981513061 (Formación e Emprego).
Máis información :
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120514/AnuncioG0164-080512-0005_gl.pdf